luns, 6 de maio de 2019

A última escoita: MERCEDES PEÓN

E chegamos á última, que non derradeira, escoita do curso. Acompáñanos nesta ocasión unha das voces máis innovadoras no panorama musical galego: MERCEDES PEÓN. O seu último premio, o Premio da Critíca de Galicia 2018, na categoría Música, súmase a unha longa restra de recoñecementos internacionais recibidos, entre eles o do mellor disco do mundo, Songlines 2000, por Isué.

"Déixaas", MERCEDES PEÓN.

As voces, grupos e proxectos musicais que quedaron fóra deste espazo son incontables. Por iso aquí vos deixo unha ligazón á páxina dos Premios da Música Martín Códax. ,que por certo se fallan mañá.
Unha sinxela ollada aos proxectos presentados este e outros anos dan conta da cantidade e calidade da que goza a música no noso país.

Que a nosa ollada estea sempre limpa de prexuízos para gozar desta riqueza!


Ningún comentario:

Publicar un comentario