martes, 28 de maio de 2019

A lingua galega tamén en Cannes

Oliver Laxe, o noso director cinematográfico máis internacional, fai que se escoite por vez primeira a lingua galega en Cannes.

                                                               Foto: Praza Pública
O seu filme, O que arde, a medio camiño entre o documental e a ficción, recibiu o premio do xurado na sección "Un certain regard". Laxe achega con esta obra, rodada nos Ancares, unha reflexión sobre os incendios forestais e os incendiarios.

Coma sempre, todos os medios do país recolleron esta noticia e convertérona en portada das súas publicacións!!!! Pois non, pero podedes ler unha crítica do filme na revista Fotogramas ou ver en youtube o videoclip oficial de Cannes, E de paso, poñede oído en modo dialectolóxico e situade a fala do protagonista no bloque correspondente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario