xoves, 2 de maio de 2019

Nerea recoméndanos... MEDIA PUNTA

E continuamos coa poesía.
Nesta ocasión partimos duns versos de Manuel María, sumámoslle un clásico (a Muiñeira de Chantada) e engadímoslle baile tradicional mais hip-hop. O resultado é o quefacer do grupo de danza vigués MEDIA PUNTA. Con esta coreografía gañaron a medalla de ouro na última edición da Dance Worl Cup Spain.




Galiza

Galiza docemente
está ollando o mar:
ten vales e montanas
e terras pra labrar!

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!

Galiza é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!






Galiza é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
Mais hai outra Galiza
que vai no sentimento!

Galiza somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galiza
en ti tes que atopala!

                                 Manuel María
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario