domingo, 14 de outubro de 2018

Esta semana escoitamos ... De Vacas


De Vacas optan pola versión de cancións de sona. A súa idea é converter en boas cancións que en orixe non o son tanto. Engádenlles novos puntos de vista, como este Amodiño feminista.


Son de Compostela. Aman o rural e a elegancia das vacas, de aí o seu nome. Afirman: "Castelao tíñalles moita devoción, e nós a el, dicía que eran o símbolo deste país e da paz, e que o que non lle da de comer a unha vaca non ten dereito a muxila. Reivindicamos a vaca polo que vale, e coidamos moi ben das nosas".


"O noso primeiro tema non foi en galego, senón en coreano do norte inventado, e funcionou moi ben, desde esa atrevémonos con calquera idioma, incluso co noso! O galego é unha lingua minoritaria, pouco común, por desgraza, en moitos ámbitos. Pero nós somos da idea de que ten futuro sempre que sexamos quen de mantelo vivo. Ademais é a lingua na que nos relacionamos, o lóxico é cantala. Cando queremos falar de cousas serias é a que utilizamos, para o resto temos o “guachinein” e o castelán."
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario