venres, 19 de outubro de 2018

Esta semana escoitamos ... Ezetaerre


Este grupo coruñés de hip hop vén de sacar novo disco. Nel  manteñen as colaboracións con outr@s artistas e as súas letras combativas.


Mais nas súas cancións tamén teñen cabida outras temáticas. Poñede oído e fixádevos na exquisitez desta letra, Á volta da lúa.


A herdanza do vento, outra das cancións en que Ezetaerre inclúe referencias e intertextualidade multicultural: Celso Emilio, Suso Vaamonde, Gata Cattana ...

Na súa páxina podedes descargar algunhas das súas cancións e obter información dos seus próximos concertos
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario