domingo, 7 de outubro de 2018

Esta semana escoitamos...  LUAR NA LUBRE

Esta semana a proximidade do incendio de Mondariz pon de novo nas nosas mentes e nos nosos corazóns os lumes de hai case exactamente un ano. E aquí seguimos, coa mesma rabia, a mesma impotencia, a mesma dor.
 
 Aquí podedes acceder á letra.


A chegada a Galicia de "A derradeira lección do mestre", o famoso cadro que Castelao pintou no exilio para denunciar a represión e asasinatos franquistas, volveu levantar a polémica arredor da visión que se ofrece do galeguista rianxeiro.



E para finalizar, unha das miñas preferidas, "Memoria da noite", con letra de Xabier Cordal.


Accedede á súa páxina para saber dos seus próximos concertos ou descubrir algunhas das súas interesantes cancións, como "Os tafenos da gaurra", en barallete.


Ningún comentario:

Publicar un comentario