Galicia, potencia cultural.
Con este título, o xornal Praza Pública sintetiza o éxito das letras e da creación galegas.
Marilar Aleixandre, coa súa novela As malas mulleres, vén sumarse aos premios que o Ministerio de Cultura ten outorgado nos últimos anos á creación galega. En poesía, narrativa, teatro, ilustración, literatura xuvenil....somos unha potencia. Xa o sabiamos antes de que chegasen os premios, mais reconforta o recoñecemento.
Agora só precisamos que quen ten a responsabilidade de coidar e espallar este potencial se poña mans á obra!!!!
Noticia en Praza Pública e Nós Diario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario