Xa está aquí!!!!
CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR
- O relato deberá ser orixinal, ter menos de 100 palabras e estar escrito en lingua galega.
- O seu argumento deberá ser de medo ou terror.
- Entregarase antes do 15 de novembro á profe de Lingua Galega.
- Haberá 3 categorías (1º e 2º ESO, 3º e 4º ESO e 1º e 2º Bach)
- Os premios están por determinar.
- O xurado é o profesorado de linguas membros do EDLG.
- Na adxudicación dos premios, valorarase a riqueza lingüística, a calidade expresiva e a calidade literaria, así como que se axuste ao tema proposto.
- Deberás escoller 3 palabras de entre as seguintes e introducilas no relato: arrepío, desacougo, futuro, luscofusco, tebras, perverso, estraño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario