sábado, 10 de abril de 2021

POEMA SIMBOLISTA COLECTIVO


 

Tacto das mans na herba

 

Todo futuro será tranquilidade

A tranquilidade é salgada

Como o aire suave no mes de abril

As caricias da suave brisa

Ao carón dunha maceira

Baten como nubes azuis

Tocadas pola calma

A calor está á miña beira

Caricias naturais que lembran a infancia

A miña avoa e as súas historias

Avó e neto na fraga

O bocata de chourizo

Alimentamos a mente con árbores verdes

Este cheiro verde de menta a pureza

A relaxación é laranxa

No medio da miña posible liberdade

Unha fina conexión coa terra

A seguridade da seca e agre terra.

Baixo a sombra dun carballo

Acaricio a natureza

Un mastro por uns intres

A perdurabilidade da terra

                                                 1ºBAC B/Literatura Universal


Ningún comentario:

Publicar un comentario