sábado, 10 de abril de 2021

A ALDEA OCULTA

 Comeza o concurso A ALDEA OCULTA organizado polo ALUMNADO FALABALATEIRO!!!!

Durante tres semanas, cada luns, mércores  e venres  publicaremos neste blog as pistas que vos axudarán a adiviñar A ALDEA OCULTA.


A ALDEA OCULTA

Durante tres semanas varias pistas serán proporcionadas para dar a coñecer tres diferentes aldeas da nosa contorna (Ponte Caldelas, A Lama ou Fornelos de Montes). O propósito é poder destacar o noso patrimonio e así pór en valor os lugares que temos preto e cremos coñecer, mais que realmente ignoramos.

Este pequeno concurso seguirá estas pautas:

-Trátase dunha actividade de aula, non individual, polo que os compañeiros e compañeiras deberán discorrer as ideas en conxunto e chegar a un consenso.

-Cada semana haberá tres pistas dunha das aldeas e serán dadas en cada curso (en sesións diferentes) pola profesora de galego correspondente. 

-O grupo que considere recoñecer o lugar antes de rematar as tres axudas poderá contestar nun papel e entregarllo á profesora, mais a aldea da semana non será indicada ata a fin desta. 

-Como os horarios non son iguais para todos, será necesario responder co nome da aldea e o do concello ao que pertence, así como a data e a última pista dada ata o momento.

-Considerarase  gañador aquel curso  que adiviñase o maior número de aldeas con menos pistas.  

-De se dar un empate, o equipo organizador realizará unha actividade de desempate.

-Haberá un gorentoso premio para a clase gañadora!

                                ORGANIZA: Alumnado FALABARATEIRO

                                                              

Ningún comentario:

Publicar un comentario