domingo, 1 de novembro de 2020

Xa cho contaron?

 Un colar de zonchos por Santos!!!

                                                         (Imaxe: Pepa Losada, La Voz de Galicia)

O COLAR DE ZONCHOS

Unha tradición de veneración dos mortos moi estendida na Galiza era o de ir ao camposanto, no día 1 de novembro, cun colar de zonchos no pescozo para honrar aos finados. É sen dúbida unha tradición relacionada co magosto, ritual funerario que aínda hoxe se conserva coa venda de castañas nas portas dos camposantos. Parece un rito milenario de moitas culturas o de celebrar un banquete funerario nos camposantos, como un ritual da morte. O castiñeiro tamén se consideraba unha árbore funeraria que conectaba co máis alá

"Has de cantar, / que che hei de dar zonchos; / has de cantar, / que che hei de dar moitos… dille Rosalía á meniña gaiteira no comezo de Cantares Gallegos"

(Texto: Orgullo Galego)

Ningún comentario:

Publicar un comentario