venres, 30 de outubro de 2020

Xa cho contaron?

 

O galego foi a primeira lingua do Estado e a segunda do mundo (tras o francés),  en que se puideron ler  fragmentos do Ulises de Joyce, a novela que había marcar un punto e á parte na  historia universal da literatura. O tradutor foi Otero Pedrayo e a tradución publicouse na revista Nós.

Este 30 de outubro celebramos o centenario de Nós, a revista que simbolizou o cosmopolitismo da cultura galega nos inicios do século XX e que o golpe de estado fascista interrompeu violentamente no 36.

Hoxe nós non seriamos quen somos sen o intelixente e rigoroso facer de NÓS. E porque coñecer este pasado axuda a entender o noso presente, velaí vai un dobre convite: 

Dar un paseo polos primeiros números de Nós . En Galiciana podes incluso descargalos.

Ver o documental 100 anos de Nósda CRTVG.


Ningún comentario:

Publicar un comentario