domingo, 1 de maio de 2016

O currículo

Actividade: Elaboración dun videocurrículo.


Na páxina 191 do libro de texto tedes a información básica sobre o currículo: a súa estrutura, contidos.. Nesta páxina da USC podedes ampliar esa  información con outros aspectos interesantes como, por exemplo, os principais erros que debedes evitar.

Desta volta, o traballo non vai ser a elaboración en papel ou online dun currículo, senón a creación dun videocurrículo. A esencia é a mesma, só muda o soporte. Lembrade que é fundamental adaptarmos o noso discurso a este novo soporte. É o momento de poñer en práctica todo o que aprendemos sobre comunicación oral durante o curso!

Aquí vos deixo algúns exemplos para que vos sirvan de inspiración:

- Un videocurrículo moi creativo
- Un videocurrículo moi, moi orixinal 
- O videocurrículo dunha alumna de 4º ESO 
- Outro exemplo máis 

A data de entrega remata o  31 de maio.

Achégovos os criterios de avaliación para que os teñades en conta.

RÚBRICA DE AVALIACIÓN DO VIDEOCURRÍCULO
Apartados avaliables
NOTA
ADECUACIÓN
O nivel e rexistro lingüísticos son apropiados.

Hai corrección fonolóxica, morfosintáctica, prosódica  e ortográfica.

COHERENCIA
A información está ben seleccionada, é completa e suficiente.

A organización da información é correcta.

A exposición da información segue una progresión lóxica, sen repeticións.

COHESIÓN
O léxico empregado é rico e variado, hai cohesión léxica.

Úsanse con corrección diversos marcadores discursivos (coherencia gramatical)

METODOLOXÍA
Obsérvase planificación, detección e corrección de erros. (guión). Non hai ruídos no resultado final.

O traballo é persoal. Hai creatividade e orixinalidade.

Os recursos empregados están en función do traballo solicitado. Demóstrase dominio dos mesmos.


MB 
1
Non hai erros ou un non significativo.
B
0,75
Hai dous erros non importantes.
RG+
0,5
Hai un erro significativo e poucos non importantes
RG
0,25
Hai dous erros significativos e outros non importantes.
M
0
Máis de dous erros significativos e/ou máis de cinco non importantes.


  

Ningún comentario:

Publicar un comentario