martes, 17 de maio de 2016

Dialectoloxía

Comezamos por botarlle un ollo (e os dous oídos) a este vídeo. A ver que vos parece....



E houbo resposta: escoitai o que contestan desde o IES de Ribadeo.



Agora que xa sabemos de que vai isto da dialectoloxía,  toca traballar. Facémolo en equipos coorperativos coa estrutura 1,2,4. Para facelo temos dous recursos:
- O noso libro de texto (paxs. 172-173)
- Este pdf do IES de Beade (Graciñas por compartilo!)
As actividades son doadas:
1. Debedes adiviñar onde viven os seguintes personaxes a partir dos trazos dialectais que presentan no seu discurso.
2. Cal é a nosa área dialectal? Que trazos nos identifican?
3. Que pensades das variantes dialectais? Deberían formar parte do estándar culto? Por que?

Ao rematardes de facer a actividade 1 podedes comprobar se a frase do voso personaxe cadra coa doutras persoas da mesma área navegando polo mapa dialectal de Galicia que nos ofrece o Consello da Cultura Galega.











E rematamos con este poema de Manolo Rivas. Todo un agasallo!

  
Do máis aló da gorxa,
dun profundo e misterioso fol,
saíannos sons que debiamos matar.
Repitan, dicía o mestre:
Los pájaros de Guadalajara tienen la garganta llena de trigo.
Pero Lolo o do Rito dicía que
Los pajaros de Juadalagara tienen la jarjanta llena de trijo
e o mestre dáballe un pao.
A min custoume algún traballo dicir sen respirar
que había plantas monocotiledóneas
pero non din sabido de que familia era,
se é que a tiña,
o toxo que douraba os montes de Galicia.

Manuel Rivas, Costa da Morte Blues, 1995

 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario