BASES
1.- OBXECTIVO
A Casa-Museo Manuel María organiza un concurso de videopoe-
mas que ten por finalidade a potenciación da creatividade artís-
tica a través da conxunción da palabra, o son e a imaxe, e o
coñecemento e difusión da obra de Rosalía e Manuel María.
2.- PERSOAS DESTINATARIAS
O concurso vai destinado a todo o alumnado galego de ensino
non universitario a partir da ESO, podendo facelo tanto a nivel
individual como grupal.
3.- CATEGORÍAS
Estabelécese unha única categoría que abranxe desde a ESO até
segundo de Bacharelato, ESA e Ciclos Formativos.
4.- TEMÁTICA
Os videopoemas consistirán nun vídeo baseado nunha compo-
sición poética en galego de Rosalía ou de Manuel María. O
poema deberá aparecer nalgún momento do videopoema, ben
sexa impreso, recitado ou en calquera outra opción que se con-
sidere.
5.-FORMATO
Os videopoemas presentaranse en formato MP4 e non poderán
superar os 3 minutos, incluídos créditos se os houber. As obras
deben ser orixinais e inéditas. En caso de usar música, textos ou
imaxes alleas, deberán ser materiais libres de dereitos de auto-
ría.
6.-PRAZOS
1.Os centros participantes deberán realizar a súa preinscrición
antes de 19 de marzo. Deberán facela por correo electrónico en
contacto@casamuseomanuelmaria.gal. A Casa-Museo confir-
mará ao centro a recepción da solicitude no prazo de 48 horas.
2. Os traballos serán enviados por calquera medio dixital á Casa-
Museo Manuel María antes de 19 de abril, mais sempre deberá
ser comunicado dito envío ao enderezo electrónico seguinte:
contacto@casamuseomanuelmaria.gal
No corpo da mensaxe terán de sinalar o título do videopoema, a
persoa autora ou autoras, o nome do centro educativo e os
datos de contacto postal e de e-mail.
3. A Casa-Museo comunicará antes do día 3 de maio os
videopoemas seleccionados como finalistas.
7.-O XURADO
A) O xurado estará composto por tres persoas alleas aos centros
participantes e vencelladas ao ámbito da literatura e a creación
audiovisual.
B) O xurado fará a escolla dos videopoemas finalistas. Estes
traballos seleccionados serán visionados na Casa-Museo
Manuel María (Outeiro de Rei-Lugo) o día 13 de maio, nunha
xornada pública en que poderán asistir todas as autoras e auto-
res, así como as persoas que desexaren acompañalos.
C) O xurado emitirá o ditame nese mesmo día e terá carácter
inapelábel.
8.-PREMIOS
O xurado estabelecerá os que, ao seu xuízo, son os dous mello-
res traballos presentados, atribuíndoselles como premio unha
tablet para cada un. Os premios son únicos, independentemen-
te do número de persoas que participen na realización dos
videopoemas premiados.
Todas as persoas participantes que fosen seleccionadas para a
fase final recibirán un diploma por participaren así como un
libro de Manuel María.
9.-OUTROS REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN
A) Cada concursante nomeado finalista que participe na fase
final do día 13 de maio deberá enviar a autorización de
pais/nais ou titores/as legais para a posíbel difusión da súa
imaxe.
B) O acompañamento do alumnado participante e a súa custo-
dia na xornada final correrá por conta das súas familias ou
titores/as legais.
C) As persoas participantes ceden de xeito gratuíto os dereitos
de reprodución, comunicación pública e distribución do
videopoema ou fragmentos do mesmo, co fin de que o
videopoema poida ser divulgado e emitido a través da web e as
redes sociais da Casa-Museo.
A participación no concurso leva consigo a aceptación destas
bases, rexeitándose o videopoema que incumpra algunha delas.
Calquera cuestión referida á interpretación e aclaración das
bases corresponde á organización, non cabendo contra ela
ningunha reclamación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario