mércores, 9 de novembro de 2022

Os Quinquilláns e A señora de Forcadela.

Continuamos co proxecto de memoria histórica! 

O noso salón de actos converteuse durante unha hora nun pequeno teatro. Da man dos Quinquilláns o alumnado de 4º puido coñecer a historia de Josefa García Segret, unha mestra republicana  que se enfrontou con afouteza á barbarie do franquismo. 

A señora de Forcadela é unha obra potente e intensa que visibiliza a represión sufrida polas mulleres durante o franquismo e que nos fai reflexionar sobre a importancia de coñecer con rigor o noso pasado para defendermos un futuro democrático e libre.



Ningún comentario:

Publicar un comentario