Hoxe achegouse ao instituto Lola Varela para nos falar das mulleres represaliadas polo franquismo. O seu traballo de investigación céntrase na Terra de Montes, pero os exemplos son os mesmos en todo o territorio. Non é agradábel poñermos diante dos ollos historias de crueldade e terror, mais faise necesario coñecer o pasado para avanzar con conciencia cara ao futuro. E iso foi o que hoxe nos agasallau esta docente incansábel: coñecemento e verdade.
Esta charla dirixida a 2º bacharelato encádrase dentro do proxecto Memoria Histórica e a súa realización foi posíbel grazas ao programa O pasado por vir, da Deputación de Pontevedra. Podedes ler artigos de opinión de Lola Varela en Nós Diario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario