domingo, 1 de maio de 2022

A aldea oculta

 O EDLG bota a andar a 2º edición do concurso A ALDEA OCULTA!!!!!

Estas son as bases:

-Trátase dunha actividade de aula, non individual.

 -Durante as tres primeiras semanas de maio proporcionaranse pistas sobre tres aldeas concretas da nosa contorna (Ponte Caldelas, Fornelos de Montes, A Lama). Cada semana haberá tres pistas para adiviñar “a aldea oculta” da que se está a falar.

 - As pistas serán facilitadas pola profesora de galego na aula. Ademais, pódense consultar luns, xoves e venres no taboleiro do EDLG e no blog Milfalares.

 -Cada clase só poderá dar unha única resposta por semana. Cando considere recoñecer o lugar do que se fala, entregaralle á profesora de lingua galega un folio cos seguintes datos: curso e grupo, nome da aldea oculta, nome da parroquia e nome do concello ao que pertence, pista tras a que se adiviña a aldea oculta.

 -Adiviñar a aldea oculta con só unha pista vale 5 puntos, con dúas pistas, 4 puntos e con tres pistas, 2 puntos. Considerarase  gañador aquel curso que adiviñe as tres aldeas ocultas e logre unha maior puntuación.

 -De se dar un empate, o equipo organizador realizará unha actividade de desempate.

 -Haberá un gorentoso premio para a clase gañadora!


Ningún comentario:

Publicar un comentario