O proxecto de 2º ESO deste curso levounos a afondar no coñecemento do patrimonio material e inmaterial das nosas vilas e aldeas.
Este martes 29 realizamos por fin a saída didáctica por Ponte Caldelas. Dámoslle as grazas á nosa guía, Alba Adán (por certo, ex-alumna do IES de Ponte Caldelas), que nos amosou algún que outro segrediño da vila que aínda non coñeciamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario