No curso 2009/10, grazas á colaboración coa biblioteca de Ponte Caldelas, Darío Xohan Cabana visitou o noso centro e engaiolounos coas súas palabras. A súa morte prívanos da súa presenza, mais na nosa biblioteca permanecen para sempre os persoanxes que el creou: Galván en Saor, O cervo na torre, Fortunato de Trasmundi...
Convídovos a achegarvos á súa obra, ás traducións de Petrarca ou Dante, aos versos incendiarios que baten nos corazóns, ou á épica da súa narrativa. Non vos ha defraudar.
Que a terra lle sexa leve.
(Darío Xohán Cabana entrevistado para o Falabarato.)
Na AELG podes ler a súa autobiografía e se clicas aquí, escoitaralo recitando un famoso poema de Cabalgada na brétema.
Ningún comentario:
Publicar un comentario