venres, 15 de outubro de 2021

Xesús Fraga, Premio Nacional de Literatura

 

(Fotografía: Nós Diario)

  O escritor Xesús Fraga vén de recibir o Premio Nacional de Literatura, na súa modalidade de narrativa, pola súa novela Virtudes (e misterios).

O Premio Nacional de Literatura é un importante galardón concedido polo Ministerio de Cultura á mellor obra literaria publicada durante o ano en calquera das linguas do Estado. Existen varias modalidades: narrativa, poesía, teatro, ensaio e dous premios máis para a literatura publicada por xente moza. Xesús Fraga é o cuarto narrador galego en recibir este premio. Se temos en conta que na modalidade de poesía a premiada o ano pasado foi a galega Olga Novo, está claro a caliadade da nosa  literatura.

Para vos achegar á obra deste autor aconséllovos ler Reo, unha novela protagonizada por un mozo grafiteiro e que foi recoñecida co premio Fervenzas Literarias.

En Vinte, tedes un podcast sobre a obra premiada. Ademais, podedes ler a interesante autobiografía do autor na páxina da BVG, que tamén ofrece algunhas das súas obras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario