domingo, 19 de setembro de 2021

Comezamos novo curso!

 Benvid@s a un novo curso!

Todo o que comeza ten sempre un punto de emoción.Os cambios sitúannos ante novos retos que nos afrecen a oportunidade de medrar emocional e intelectualmente como persoas. Cando cheguemos a xuño, non seremos @s mesm@s que agora somos. Agardo que o camiño estea cheo de risas e coñecemento.E que os nosos soños se cumpran, como sen dúbida se están a cumprir os de Tanxugueiras, estas mozas orgullosas de si mesmas que están a ver recoñecido o seu esforzo e coherencia.

As TANXUGUEIRAS a EUROVISIÓN? Nós Diario cóntacho.

Queres saber DE ONDE LLES VÉN O NOME? O Portal das Palabras ten o segredo. 

E se tes interese en coñecer algo máis das súas vidas, escoitar a súa música ou ir ao seu próximo concerto, achégate á páxina das TANXUGUEIRAS.



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario