Fabulosa a saída didáctica da pasada sexta feira, 22 de febreiro.
Entre as rochas de Aguiño aprendemos a valorar a biodiversidade das nosas rías. A vila de Rianxo achegounos a cultura mariñeira, esa que tan ben lemos retratada este ano n'Os arquivos do trasno, ademais da indeleble pegada de Castelao e Manuel Antonio.
Lembrade que tedes esta semana para entregar a unidade e mais compartir as fotos polo drive.
E grazas a tod@s polo voso entusiasmo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario