luns, 31 de maio de 2021

Xela Arias (2)

 Indómita, poeta, comprometida, autosuficiente, rebelde, maternal, libre, loitadora de seu, muller, miope e galega, transgresora, polifacética...Estes son algúns dos adxectivos con que o alumnado define a Xela Arias logo de visitar a exposición creada polo IES de Valadares e que estes días ocupa a entrada do noso centro. 

A profesora Susana Trigo compartiu connosco detalles da súa amizada e vivencias cunha Xela moza, inquieta e creativa, o que sen dúbida enriqueceu a nosa visión sobre a autora homenaxeada este ano nas Letras. 





Ningún comentario:

Publicar un comentario