sábado, 20 de febreiro de 2021

Día da Lingua Materna

 Un ano máis, o 21 de febreiro conmemoramos o DÍA DA LINGUA MATERNA, instituído pola UNESCO no 2000 coa finalidade de preservar a diversidade lingüística.

Esta é a nosa proposta para este ano pandémico:



Velaí van algúns exemplos para que te animes a participar!!!

                                                                               (Música: Dios Ke Te Krew)

Ademais, este ano a RAG reivindica a necesidade da transmisión xeracional para mantermos o galego e faino cun precioso texto que o pai de Xela Arias (a poeta á quen este ano lle dedicamos o Día das Letras) lle escribe cando nena. Podes lelo aquí.

E, para rematala, toda unha lexíon de tiktokers está a dar que falar, logo de que a plataforma se negase a dar cobertura a unha campaña publicitaria da Xunta por estar en galego .😡Podes lelo na Voz.

  #AlgoDeSentidiñoTikTok, #TiktokSéRiquiñoCoNosoGaleguiño e #oGalegoNoTikTokXa,


Ningún comentario:

Publicar un comentario