Olga Novo vén de gañar o Premio Nacional de Poesía polo seu libro
Feliz Idade. Este premio, de ámbito estatal recae por segundo ano
consecutivo nunha poeta galega (En 2019 foille concedido a Pilar Pallarés). Na
rede, pero tamén na nosa biblioteca, podedes atopar algúns dos seus títulos. Se
lle dades unha oportunidade, a poesía ha prender en vós. 
        “Agora 
    eu mírote
extasiada mentres dormes 
    e disólvome no costro fulgurante 
    coma unha estrela que
lle dera de mamar fósforo ao ceo. 
       E falo na linguaxe que non serve 
    no silencio da sílaba primeira: 
    deséxoche que sexas amada tolamente 
    e que ningún poder poida 
    amainar nunca 
    a túa 
    Feliz 
    Furia”. 
(Poema extraído da páxina
Lecturafilia)

 
Ningún comentario:
Publicar un comentario