domingo, 7 de abril de 2019

Esta semana escoitamos ... HABELAS HAINAS

Habelencia Húmida Histeria Horizonte. Compostela. Catro mulleres. Halo, Harmonía Humana. Herdanza, Historia viva.Hiperactiva! H do silenzo, muda a muller que soa. Homenaxe. Hematomas. Camiños onde non medra a Herba. Hábitat de Hormonas Hilarantes. Hidrosfera musical. Hoxe. Hipnose sonora con…HABELAS HAINAS (Música en galego)



"Media calada", HABELAS HAINAS. Estas catro mulleres "livres e loucas" fusionan tradición galega con distintos ritmos, desde o jazz a sons ska. As súas letras conteñen mensaxe social, sen esquecer nunca a perspectiva de xénero.



"Maios", videoclip gravado no compostelán barrio de San Pedro. HABELAS HAINAS é un proxecto musical que aposta pola música como canle reivindicativa e renovadora da tradición.
En Spotify podedes escoitar o seu primeiro disco, Livres e Loucas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario