domingo, 24 de marzo de 2019

Esta semana escoitamos ... TANXUGUEIRAS

As Tanxugueiras arrasan. As súas gravacións escóitanse con devoción no mundo folk, aquí na Galiza e tamén aló, en Escocia ou Irlanda. A última, unha interpretación "detrás do escenario" no Celtic Connection de Glasgow, fíxose viral en pouco tempo .

TANXUGUEIRAS comparten escenario do Celtic Connections 2019, nunha impresionante mestizaxe cultural. 

"Que non mo neguen", videoclip do seu primeiro disco.
As Tanxugueiras  unen tradición e técnica, humor e amor, todo adubiado cunha espontaneidade que as fai triunfar nos escenarios dunha música tradi que conta cada vez con máis seguidor@s.


"Xota de Bembibre", gravado no Courel.
O mesmo Portal das Palabras dedicoulles a súa sección "Allos con bugallos" para explicar de onde lles vén o nome. E visita obrigada á súa páxina para estar ao tanto do seu vindeiro concerto.


Ningún comentario:

Publicar un comentario