domingo, 24 de febreiro de 2019

Esta semana escoitamos ... Rosalía de Castro

O 24 de febreiro é o Día de Rosalía. A autora máis emblemática da nosa literatura non deixa de inspirar. Por exemplo, sabías que un dos cráteres de Venus leva o seu nome?
E tamén inspira palabras, e música, e arte, e compromiso ....

Día de Rosalía A Estrada 2019.






E son moitas as revisións e novas lecturas que se fan de Rosalía de Castro desde diferentes ámbitos, como o manifesto 2019 da Nosa Señora das Letras , desde A Sega ou a reflexión do deseñador Pepe Barro arredor da imaxe que se nos transmitiu da poeta en diferentes épocas.

Foron e son tamén moitos os creadores musicais que versionaron temas de Rosalía. Velaí un par de exemplos:







                                                                                             "Amores cativos", Narf


                                                                                  "A xustiza pola man", SonDaRúa

Ningún comentario:

Publicar un comentario