domingo, 20 de xaneiro de 2019

Esta semana escoitamos ... Voces Ceibes

Benedicto García, Xavier del Valle, Guillermo Rojo, Xerardo Moscoso e Vicente Araguas, todos eles estudantes da universidade compostelá, conforman o xérmolo de Voces Ceibes. Son os mozos representantes da Nova Canción Galega. O seu obxectivo é usar a súa música para transformar a realidade social de Galicia, loitar contra a ditadura e revalorizar a lingua e cultura galegas.

A súa primeira actuación produciuse o 1 de nadal de 1968 no teatro Capitol de Santiago, nun histórico concerto no que tamén participou Miro Casabella. Anos máis tarde sumaríanse ao grupo Suso Vaamonde e Bibiano.

Ademais de composicións propias, musicaron poemas de Celso Emilio Ferreiro, Lois Diéguez ou Alfredo Conde.

A historia do colectivo como tal remata a finais do ano 1974.
                     (Información: Un paseo pola música de Galicia)


"Abaixo a dentadura!"  Este berro agochaba aquilo que se desexaba e que non se podía pronunciar "Abaixo a ditadura"

Miro Casabella, "No desterro" (1968)


Suso Vaamonde ("Ua"), cuxas cinsas repousan en Regodobargo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario