domingo, 27 de xaneiro de 2019

Esta semana escoitamos ... ARRHYTHMIA


 
Os Arrhytmia son un grupo de Lugo qe resultaron vencedores na categoría metal na última edición dos premios Martín Códaxda Música (2018). Podes acceder á páxina para ver as persoas e grupos premiados e mais para ler un interesante artigo sobre a situación da música actual galega.

Eles defínense como un trío de Power Rock. Son frecuentes as súas colaboracións con outras bandas. Neste caso, con Pepo (Desakato) "A cea dos malditos". No vídeo seguinte, con Rebeliom do inframundo, "A forza da razón"

Na súa páxina, podedes descargar a súa música e saber algo máis deste grupo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario