domingo, 25 de novembro de 2018

Esta semana escoitamos .... SACHA NA HORTA

"Biocultivos" é escollida no 2007  a canción do verán no concurso "A polo ghit", organizada pola RTVG e Vieiros.   
Definen o seu estilo como agro- punkchanga. Nas súas cancións están presentes temas sociais como a defensa ecolóxica ou o feminismo. Tamén a lingua ocupa un papel importante, como nesta canción, "Busco amante galego-falante"
Horta revolution é o seu último proxecto. Podedes descargalo de balde desde a súa páxina. En Música en galego tedes a súa declaración de principios. Paga a pena lelo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario