domingo, 11 de novembro de 2018

Esta semana escoitamos ... poemas musicados de Manuel Antonio.

Comezamos por SÓS, como non, musicado por Fanny e Alexander, un dúo pop indie que estivo activo entre o 2005 e o 2010 e que nos deixou interpretacións tan persoais como esta:




Fomos ficando sós
o Mar o barco e mais nós.

Roubaron-nos o Sol
O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco

Roubaron-nos o vento
Aquel veleiro que se evadeu
pol-a corda floxa d' o horizonte


Este oucéano desatracóu  d'as costas
e os ventos d' a Roseta
ourentaron-se ao esquenzo
As nosas soedades
veñen de lonxe
como as horas d' o reloxe
Pero tamén sabemos a maniobra
d' os navíos que fondean
a sotavento d' unha singladura
N-o cuadrante estantío d'as estrelas
ficou parada esta hora:
O cadavre d'o Mar
fixo d'o barco un cadaleito

Fume de pipa           Saudade
Noite      Silenzo        Frío
E ficamos nós sós
Sin o Mar e sin o barco
nós.




Ningún comentario:

Publicar un comentario