domingo, 4 de novembro de 2018

Esta semana, atendendo peticións, esoitamos ... Astarot


Este grupo de rock cangués fundado no 1983 canta en galego e castelán. Puxéronlle música, entroutras pezas xa tradicionais, a este "Lela" escrito por Castelao e incluído na peza teatral Os vellos non deben namorarse.


Musicaron tamén ooutros grandes poetas, como Méndez Ferrín, Darío Xohán Cabana, Curros Enríquez ou a "Negra sombra" de Rosalía.


E, como non,  "María Soliña" de C.E. Ferreiro, esa brava muller de Cangas castigada , como outras moitas, pola Inquisición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario