xoves, 8 de xuño de 2017

Comunicación Oral

Estamos xa coas últimas actividades de Comunicación Oral. Hoxe visitamos o CEIP Cordo Boullosa, concretamente as aulas de 6º de Primaria. E alí nos examinamos!!!
Primeiro, Gabriela e  Alejandra fixeron unha exposición baixo o título Hai relevo xeracional para a lingua galega? , achegando interesantes datos froito dunha investigación que tivo a súa primeira fase xa na avaliación pasada, na que realizaron enquisas para coñecer o uso da lingua galega por parte do alumnado.
Despois, Tatiana disertou sobre O maltrato animal e as asociacións que loitan contra esta barbarie.
Noraboa ás tres!!!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario