venres, 7 de abril de 2017

                Lecturas 3ª avaliación 1º Bacharelato

Dous clásicos:



 Valentín Lamas Carvajal publica este pequeno libro no 1889 baixo o pseudónimo de Tío Marcos da Portela. A obra, de fondo contido crítico, goza dun grande éxito desde os seus inicios.

Aquí podedes lelo.Lembrade que debedes completar esta lectura coas outras prosas do autor.

Desde esta ligazón da RAG podedes acceder a contidos interesantes sobre a figura de Lamas Carvajal.




Esta é a primeira novela escrita en lingua galega, na época do Rexurdimento. Nesta páxina da BVG podedes ler a biografía do autor e acceder á obra coa ortografía orixinal.

Neste artigo da Voz de Galicia atoparedes aspectos interesantes da familia Valladares e nestoutro de Praza Pública  unha interesante reflexión de Mª Xosé Queizán.





  E tres actuais:





Xose Miranda proponnos en Morning Star un  interesante e apaixonado paseo polo bandoleirismo galego do século XIX

Na ficha do libro de Edicións Xerais podedes descargar un pdf que contén análises moi interesantes e suxestivas.










Continuamos coa proposta bandoleira, desta volta arredor da figura de Pepa a Loba, cuxas fazañas e aventuras son narradas por Carlos G. Reigosa.

Salvador Rodríguez reflexiona neste artigo do Faro de Vigo sobre a figura da lendaria personaxe.







Se preferides o xénero policíaco esta é a vosa novela. De fondo, fragmentos sorprendentes da biografía de Rosalía de Castro.

A crítica literaria de Dolores Vilavedra e mais a de Ramón Nicolás hanvos axudar a profundizar un pouco máis na novela.




                  Boas lecturas!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario