domingo, 16 de outubro de 2016

Dous Premios Nobel.

Acabamos de vivir unha semana con dúas noticias significativas no mundo literario. A unha positiva e polémica: veñen de outorgarlle o premio Nobel de Literatura a Bob Dylan.A outra, triste: a morte do dramaturgo italiano Darío Fo, tamén premio Nobel de Literatura, mais neste caso do ano 97.
 


No blog Xavedes podedes escoitar a Dylan e ler en galego a tradución dalgunhas das súas letras. Nesta ligazón de youtube escoitaredes a coñecidíma Blowing in the wind. E este artigo de Praza pública convida a achegármonos ás pegadas de Dylan na literatura galega.





As obras de Darío Fo fixéronnos e farannos rir, mais tamén pensar e enfadarnos e remexernos nos asento e aplaudir. Este dramaturgo italiano botou man do humor para criticar os abusos do poder. Misterio bufo ou Morte accidental dun anarquista son algunhas das súas obras de máis sona.

Ningún comentario:

Publicar un comentario