xoves, 16 de xuño de 2016

Libros extra

 


Estes son os últimos días para ler libros extra que poden axudar a subir a nota. Lembrade que debedes comunicar o título con antelación.

4 comentarios:

  1. Reseña de "O club da calceta” (María Reimóndez):

    Matilde, Anxos, Elvira, Luz, Fernanda e Rebeca son seis mulleres moi distintas entre si, tanto en idade, formación e estatus social. Sen embargo, comparten un mesmo pasatempo: a calceta. Todas coinciden nun club de calceta que a organización veciñal organiza os xoves. A partir de aí, comezan a tecer unha gran amizade a e a desfacer os fíos da sociedade machista.

    Por outra banda, no tocante a estructura do libro: divídese en sete capítulos, todos eles narrados en voz feminina e desde unha perspectiva feminista. O título de cada un deles identifica a cada unha das mulleres como unha parte dun todo, unha parte do “xersei”. Todas aportan algo metaforicamente: a manga, o elástico, os puños...

    Por último, o final da historia (aínda que algo idealista) pon de manifesto o positivo da solidariedade entre as mulleres para poder superar calquera tipo de obstáculo e non ter que vivir baixo ningún tipo de opresión. Polo tanto, suscita unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  3. FUTURO IMPERFECTO - Xulia Alonso Díaz

    Futuro imperfecto é unha autobiografía. Nesta obra a autora, Xulia Alonso, narra a súa vida desde a infancia ata o presente, marcado pola perda do seu gran amor, Nico.
    Xulia preséntase a sí mesma como unha rapaza que gozou da súa xuventude. O único que quería era ser libre e descubrir o mundo, ao igual que a maioría dos mozos e mozas da súa xeración, que estaban cansos das ditaduras, tanto políticas como familiares. Así, Xulia explica como foi esta etapa de descubrimentos na que se atopou, case de maneira simultánea, co amor e coas drogas.
    Ambos elementos foron claves na súa vida. Xulia e o seu mozo Nico convertéronse en drogadictos e xuntos comezaron unha andaina con finais moi distintos. Aínda que ambos eran portadores de SIDA, foi Nico o que padeceu unha dura enfermidade dexenerativa que lle provocou a morte. Algúns anos despois desta perda, a autora decide escribir a historia co obxectivo de que a súa filla Lucía coñeza o pasado dos seus pais e, ademais, conservar todos os detalles que poderían perderse co paso do tempo.

    Este libro pareceume moi interesante e entretido porque serve como medio de coñecemento do mundo das drogas. A autora conta de primeira man a experiencia da adición e consegue que os lectores sexan confidentes das dificultades e sufrimentos que pasou nesa etapa. Tamén os fai partícipes da dureza de perder á persoa que máis quere e de como, co paso do tempo, é quen de afrontar a situación e saír adiante aínda con máis forza.

    Por outra banda, é tamén importante na historia a sociedade do momento. Xulia e Nico non foron os únicos que se deixaron levar polas drogas naqueles anos. A autora describe á perfección o fenómeno social que se desenvolveu durante a súa xuventude. Como detalla ao longo da obra, a súa xeración caracterizouse polas ansias de liberdade, que se vían potenciadas polo fin da ditadura franquista. Nesta sociedade en pleno proceso de descubrimento e de cambio instaláronse as drogas como algo normal, como un medio de liberación das opresións ou das preocupacións. Así é como centos de persoas se volveron drogadictas, quedaron á marxe da sociedade ou morreron, ao igual que os protagonistas.

    ResponderEliminar