sábado, 11 de xuño de 2016

Actividade para o martes 14 de xuño. (4ºESO)



O alumnado que teña exame o mércores pode repasar verbos , revisar as características dos textos administrativos ou ver algunha presentación  no Moodle sobre a literatura do século XX.


O resto traballaredes por parellas. Debedes ir á páxina do Portal das Palabras. Na súa entrada Verán matador atoparedes 7 termos. Con eles debedes crear un pequeno texto con adecuación, coherencia,  cohesión e un moito de creatividade.
Subídeo como comentario a este blog.


E se vos sobran cinco minutiños, na mesma páxina,  podedes descubrir a orixe da palabra graffiti e ver un pequeno vídeo con algunhas das obras máis impactantes de Bansky,  un dos graffiteiros con maior proxección internacional.

Ningún comentario:

Publicar un comentario