martes, 28 de xuño de 2016

4º ESO/Consellos para setembro.

                                                            Foto: Yolanda Varela




As partes das que vai constar o exame de setembro son as que aparecen a continuación. Para repasalas, lembrade que tedes recursos no Moodle:

a           Historia da literatura.

Esta parte constitúe a maior parte da materia. Elaborade un esquema no que coloquedes as tres etapas estudadas durante o curso. En cada unha deles debedes incluír os xéneros literarios , as correntes e as súas características e os autores e autoras máis significativos. Non esquezades revisar os comentario literarios feitos, posto que que no exame deberedes realizar un.

             Sociolingüística e Historia da lingua.

É importante entender e repasar ben a terminoloxía específica, así como os feitos máis importantes que contribuíron ao proceso de normalización da nosa lingua.

             Textos

Debedes repasar os diferentes tipos de textos: expositivos, argumentativos, administrativos e as súas características.

Lembrade que é preferible un pouco de traballo todos os días ou, polo menos, todas as semanas que deixar todo para o final e pretender aprender nos últimos días todo o  que non se aprendeu durante o curso.
Bo traballo e feliz verán!

Ningún comentario:

Publicar un comentario