venres, 30 de xuño de 2023

A memoria da lingua

A memoria da lingua é o nome que lle puxemos ao noso proxecto de investigación deste ano, desenvolvido en 4º ESO dentro do proxecto Memoria Histórica.

Realizar o podcast que agora podemos escoitar requiriu moito traballo previo: estudar a historia da lingua, afacernos á terminoloxía da sociolíngüística, cotexar fontes orais e escritas, aprender estratexias para realizar boas entrevistas... 

O resultado ben pagou a pena! 

Clica na imaxe para acceder ao podcast.


mércores, 21 de xuño de 2023

Xornada de Convivencia

 Por fin! Despois da pandemia, a Xornada de Convivencia regresou ao IES de Ponte Caldelas. Nesta ocasión coa particularidade de que foi compartida (cando menos unha parte dela) co IES de Soutomaior, con quen realizamos o proxecto Polo río vai e vén.

Gustaríanos agradecer a colaboración da comunidade de montes da Devesa, que coida con esmero e sentidiño un territorio do que tod@s podemos gozar! Toamamos bo exemplo para o noso Monte Vivo!


 

 

martes, 30 de maio de 2023

MONTE VIVO

 O xornal Nós Diario recolle nas súas páxinas o proxecto Monte Vivo

Aquí podes ler a noticia.


luns, 22 de maio de 2023

FESTIVAL DAS LETRAS

 Malia que o vento zoou con forza e os micros non funcionaron todo o ben que deberan, un ano máis celebramos o Festival das Letras. 

Parabéns a todo o alumnado participante!




luns, 15 de maio de 2023

17 maio/DÍA DAS LETRAS

.Todos os 17 de maio celebramos o Día das Letras, unha xornada para festexarmos que temos lingua propia, mais tamén para concienciar da necesidade do seu uso, tal e como aparece, por exemplo, no cartel deste ano do concello de Tomiño.

Nesta ligazón podes dar un paseo por unha selección de carteis do Día das Letras recollida en praza.gal


 

Este 17 de maio imos ALINGUAR!


xoves, 11 de maio de 2023

FERNÁNDEZ DEL RIEGO

 Neste vídeo podemos achegarnos á figura á quen se lle dedica este ano as Letras Galegas, Francisco Fernández del Riego.



venres, 5 de maio de 2023

mércores, 3 de maio de 2023

A VOZ DA MEMORIA

 Parabéns ao alumnado de Psicoloxía e Antropoloxía de 1º bacharelato que, coordinados pola profesora Begoña Rivas, desenvolveron un estupendo traballo de investigación sobre a situación da muller na etapa franquista.

O resultado do mesmo foi un documental que se estreou no IES nun emotivo acto ao que asistiron as súas protagonistas.

Esta actividade forma parte do proxecto sobre memoria histórica do instituto.


 

luns, 24 de abril de 2023

Renovación do convenio MONTE VIVO

 Continuamos a andaina MONTE VIVO con moita forza. Parabéns especiais para o alumnado de 2º BAC que, cunha exposición cativadora, cedeu o testemuño ao alumnado de 1º ESO.




mércores, 22 de marzo de 2023

21 marzo/Día da Poesía

 Este ano decidimos celebrar o Día da Poesía uníndoo ao Día da Lingua Materna e este foi o resultado...